Perguntam-me não raras vezes:
- "Qual o livro de José Saramago que mais gostaste de ler?"
A resposta que pode ser dada a cada momento:
- "Impossível de dizer... não sei responder, não seria justo para com outros (livros) não nomeados. Mas uma coisa sempre soube. Uma obra de Saramago, enquanto "pseudo ser vivo" ou com "gente dentro" tem que me raptar, prender-me, não me deixar sair de dentro das suas páginas. Fazer de mim um refém, e só me libertar no final da leitura... mesmo ao chegar à última página. Aí, o "Eu" leitor que se mantém refém, liberta-se da "gente que a obra transporta dentro" e segue o seu caminho.
Mas segue um caminho que se faz caminhando, conjuntamente com mais uma família"

Rui Santos

segunda-feira, 27 de abril de 2015

Primeira pedra para a constituição da "Cátedra José Saramago" na Universidade Vigo (Galiza / Espanha)

(Reitor Salustiano Mato e Pilar del Río na assinatura do acordo)

Notícia via Fundação José Saramago, aqui

"Realizou-se hoje na Universidade de Vigo a assinatura de um protocolo de colaboração com a Fundação José Saramago, formalizando a constituição da Cátedra com o nome do Prémio Nobel português que arrancará em pleno nos próximos meses.
Fruto de uma proposta dos Professores Burghard Baltrusch e Carlos Nogueira, o convénio hoje assinado pelo reitor Salustiano Mato e por Pilar del Río dá início a um trabalho conjunto entre as duas entidades em torno dos múltiplos signficados do pensamento e da obra de José Saramago."

e através do site informativo da Universidade de Vigo ( http://www.uvigo.es/ )

"Universidade e Fundação José Saramago asinaron un primeiro convenio de colaboración
Primeira pedra para a constitución en Vigo da Cátedra José Saramago
Pilar del Río lembra en Vigo a “devoción” do Premio Nobel de Literatura por Galicia e os seus autores

A constitución en Vigo dunha Cátedra José Saramago é aínda un proxecto, pero a sinatura este luns dun primeiro convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e a Fundaçao José Saramago pon a pedra de arranque a unha iniciativa que ambas institucións agardan se converta en realidade nos vindeiros meses, tal e como subliñaron tras a sinatura do acordo, o reitor vigués, Salustiano Mato, e a presidenta da Fundaçao José Saramago, Pilar del Río, tradutora e viúva do Premio Nobel, que acudiu a Vigo acompañada do director xeral da fundación, Sérgio Machado.

“Con este acordo comeza un proxecto moi bonito e engaiolante, un proxecto de apoio mutuo e traballo a prol da difusión de todo o que significa a figura e a obra de José Saramago”, explicou tras a sinatura do acordo Salustiano Mato, que puntualizou que o obxectivo do convenio é regular a colaboración entre ambas institucións, aspecto no que tamén fixeron fincapé os profesores Burghard Baltrusch, director de Departamento de Filoloxía Galega e Latina, e Carlos Nogueira, dous dos principais impulsores da iniciativa, que asistiron tamén á sinatura do convenio no despacho do reitor.

Un autor universal con estreita relación con Galicia
“José Saramago practicaba devoción por algúns autores de Galicia, sobre todo polos seus poetas e aquí tiña moi bos amigos”, apuntou Del Río, que asinou o acordo cunha das plumas que empregaba o Premio Nobel e que aproveitou a súa visita ao campus de Vigo para lembrar que a primeira parada de Saramago tras recoller o Premio Nobel en Estocolmo no 1998 foi Santiago de Compostela, pois non quixo deixar de asistir ao enterro dun dos seus grandes amigos, Gonzalo Torrente Ballester. “Alí viviu con tristura a despedida ao amigo e emocionouse escoitando a interpretación do poema Negra Sombra de Rosalía de Castro que fixo o gaiteiro Carlos Núñez na cerimonia”, subliñou a presidenta da fundación, que lembrou que nesta ocasión José lle comentara “así merece a pena morrer” e por iso cando, ao cumprirse o primeiro aniversario da súa morte en xuño de 2011, as súas cinzas foron depositadas ao pé dunha oliveira centenaria, traída do seu pobo natal e transplantada no Campo das Cebolas fronte á Fundación José Saramago Casa dos Bicos en Lisboa, “varios gaiteiros interpretaron esta peza”.

A relación con Torrente Ballester foi só un dos múltiples exemplos que se puxo sobre a mesa á hora de lembrar a estreita relación do Nobel portugués con Galicia, lugar que visitara en numerosas ocasións, entre outras para participar nun Congreso de Literatura Comparada organizado pola profesora da Universidade de Vigo Carmen Becerra “outra boa amiga que tiña nesta terra e colaboradora habitual da fundación”, recalcou Del Río, que informou tamén de que na actualidade hai cátedras dedicadas ao estudo da obra deste autor nos cinco continentes.

Posta en marcha de múltiples proxectos conxuntos
A sinatura deste primeiro convenio de colaboración vai facilitar o desenvolvemento de proxectos de divulgación social e de transferencia do coñecemento, así como a organización e realización de todo tipo de actividades de divulgación, difusión e promoción da figura e da obra deste autor, tales como cursos, conferencias, simposios ou seminarios, así como o intercambio e colaboración en todo tipo de proxectos culturais e literarios e/ou sociais de interese común. 

“O noso gran obxectivo é o estudo e a difusión da obra deste autor”, subliñou Burghard Baltrusch, que resaltou a importancia de fortalecer as relacións entre Portugal e Galicia a partir das ideas de José Saramago. “De conseguir pór en marcha a cátedra unha das primeiras cousas que faríamos sería pór en valor todo aquilo que trae consigo a figura e a obra de Saramago para Galicia, por un lado, pero tamén para o mundo lusófono e, de forma aínda máis xeral, para o contexto da cultura peninsular”, explicou o director do Departamento de Filoloxía Galega e Latina, que recalcou que a cátedra estaría ligada á posta en marcha de múltiples actividades relacionadas coa promoción da lingua, a literatura e a cultura portuguesas.

Clúster en humanidades
Segundo explicou o reitor vigués tras a sinatura, este proxecto de colaboración nace ao calor do recentemente creado clúster en humanidades. “Se ben o campus de Vigo está especializado no mundo da tecnoloxía isto non significa que teñamos que descoidar a investigación humanística”, recalcou Mato, ao tempo que fixo fincapé en que este tipo de proxectos contribúen de xeito importante á internacionalización da Universidade “pois a posta en marcha da cátedra suporá tamén multiplicar todas as posibilidades de cooperación intelixente que poidamos ter co resto de institucións que dende outros países tamén teñen as súas propias cátedras Saramago”.


Assinalando também as presenças de Sérgio Letria (director geral da Fundação José Saramago), 
e dos professores Burghard Baltrusch e Carlos Nogueira