Perguntam-me não raras vezes:
- "Qual o livro de José Saramago que mais gostaste de ler?"
A resposta que pode ser dada a cada momento:
- "Impossível de dizer... não sei responder, não seria justo para com outros (livros) não nomeados. Mas uma coisa sempre soube. Uma obra de Saramago, enquanto "pseudo ser vivo" ou com "gente dentro" tem que me raptar, prender-me, não me deixar sair de dentro das suas páginas. Fazer de mim um refém, e só me libertar no final da leitura... mesmo ao chegar à última página. Aí, o "Eu" leitor que se mantém refém, liberta-se da "gente que a obra transporta dentro" e segue o seu caminho.
Mas segue um caminho que se faz caminhando, conjuntamente com mais uma família"

Rui Santos
Mostrar mensagens com a etiqueta vigo. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta vigo. Mostrar todas as mensagens

sábado, 3 de março de 2018

«De alguna forma, Saramago se quedó para siempre en Vigo con su cátedra» de Mariá Jesús Fuente, no "La Voz de Galicia" (Vigo 29/06/2017)

La exposición de La Voz sobre 50 personajes ilustres que pasaron por la ciudad recuerda tres con la Universidad: el nobel portugués, Carlos Fuentes y Ferrán Adriá

De Mariá Jesús Fuente, no "La Voz de Galicia" (Vigo 29/06/2017)
Pode ser recuperado e consultado aqui




"Alguna de las visitas más ilustres que ha tenido Vigo en el último medio siglo se deben a su Universidad. De ello da fe la exposición del 50 aniversario de la edición local de La Voz de Galicia. Miles de ciudadanos están viendo las imágenes en la calle del Príncipe, recordando entre otros a José Saramago, Carlos Fuentes y Ferrán Adriá. 

El premio Nobel de literatura portugués clausuró el 5 de noviembre del 2005 el Congreso Internacional sobre Memoria y Cine en la Facultad de Filología. «Aceptó y vino sin cobrar ni un duro, lo que dice mucho de su calidad humana. Le interesaba el tema y le gustaba estar en contacto con la gente joven. Fue un auténtico acontecimiento, el salón de actos estaba abarrotado. Pese a que el avión se retrasó, la gente esperó», comenta Carmen Becerra, amiga personal y profesora de Teoría de la Literatura y Literatura Comparada de la Facultad de Filología. 

La escritora y periodista Pilar del Río, viuda de Saramago, lo recordaba ayer: «Viajero por tierras gallegas, estuvo varias veces en Vigo y, de alguna manera, se quedó para siempre con la cátedra que lleva su nombre». Elogia el interés de la Universidad por la publicación de otros autores dentro de esa cátedra, que «agiliza y mueve el conocimiento de la cultura gallega y portuguesa».

Buena muestra de la oferta heterogénea de la institución académica viguesa fue la visita de Ferrán Adriá el 23 de febrero del 2010. En este caso se enmarcaba dentro del acto que cada dos o tres años dedica la Universidad a las empresas que colaboran con ella a través de becas o másteres. Para ello se busca un ponente estrella. El primer año fue Ana Patricia Botín. 

«Hicimos las gestiones para traer a Ferrán Adriá. Nos dijo que sí y nos marcó la fecha. Solo nos pidió que hiciésemos público que no cobraba», explica el impulsor, entonces vicepresidente y en la actualidad presidente del Consello Social de la Universidad, Ernesto Pedrosa. «Nos pidió que le llevásemos a un restaurante tradicional gallego y fuimos a cenar al Mosquito. Fue una revolución, allí apareció Carmiña y todo el personal», añade.

Sobre la personalidad de Adriá apunta: «Es una persona muy normal, con ciertas dotes de genio, de los que no hay muchos, unas ideas que trascienden de la cocina. Me contó su vida, que vivía en un piso normalito, que hacía cinta todo los días... Con él los cocineros pasaron de estar denostados a elevarlos a la categoría de estrellas», comenta Pedrosa. 

Otra muestra de ese interés de la Universidad por el mundo literario fue el nombramiento como doctor honoris causa de Carlos Fuentes en el 2001. La propuesta partió de un profesor de la Facultad de Filología. Al entonces rector, Domingo Docampo, el acto le supo a poco. «Tengo un recuerdo de él extraordinario, de una persona encantadora y con un trato exquisito. Pero me quedó un poco la sensación de que no estuvimos a la altura, no había el lleno que esperaba. Por aquella época estuve en un acto en la Universidad de Nuevo México, en Alburquerque, al que asistí, y había más de quinientas personas, hubo que habilitar tres salas adyacentes. Y eso que es una universidad norteamericana en la que no todo el mundo habla perfectamente español», indica el exrector. 

El profesor Manuel Candelas, entonces decano de Filología y padrino de Fuentes en el acto, corrobora las palabras de Docampo: «Era dicharachero, simpático, entretenido. Yo estaba interesado en saber cosas de su vida y me contaba. Hablamos de México, de literatura... Era muy curioso porque nadie se le acercaba a charlar. Y yo tuve que ser padrino del acto a última hora. En la facultad el aforo era de unas 250 personas y habría algo más de tres cuartos de entrada», apunta."



quarta-feira, 16 de novembro de 2016

quarta-feira, 27 de julho de 2016

"Contra a cegueira social, a I Cátedra Internacional José Saramago" - Via Universidade de Vigo

"Contra a cegueira social, a I Cátedra Internacional José Saramago"


Artigo publicado por Rosa Tedín, através do site da Universidade de Vigo, em https://uvigo.gal/ e que aqui recuperamos a presente informação da implementação da Cátedra
Aqui em http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=11690&Itemid=39

"Este martes presentouse a iniciativa que pretende difundir a obra e pensamento do escritor luso.
Entre as primeiras actividades estarán a posta en marcha en novembro dunhas xornadas anuais."


“A I Cátedra Internacional José Saramago pretende crear pensamento e levar á sociedade en xeral, portuguesa, galega e internacional, a discusión en temas esenciais e de afondamento no debate en torno aos grandes problemas nacionais e universais. Pretende contribuír ao desenvolvemento, para o fornecemento da cohesión social e para a xustiza, e para iso, fundaméntase na obra, na vida e no pensamento de José Saramago”. Con estes obxectivos, recollidos nos seus estatutos, presentouse este martes na Universidade de Vigo a I Cátedra Internacional José Saramago. En tempos de recortes en humanidades, Pilar del Río, presidenta da Fundación José Saramago e viúva do escritor, salientou como é o momento de “loitar contra a indiferenza, o medo e a resignación”, tres vectores que Saramago identificou como característicos do noso tempo, “desde a cultura e desde a universidade”.

Pór en valor o pensamento de Saramago, pór en valor o humanismo
A cátedra foi presentada por representantes das institucións que son membros fundadores, a Universidade de Vigo e a Fundación José Saramago, e membros honoríficos, o Camões (Instituto da Cooperação e da Língua) e a Fundação Eng.º António de Almeida. A iniciativa, explicaron os seus promotores, bota a andar despois de que en 2014 xurdise a idea no seo do Grupo de Análise e Estudos da Literatura e da Tradutoloxía da Universidade de Vigo e trala sinatura o pasado ano dun convenio entre as entidades fundadoras. “A creación desta cátedra non puido acaer nun momento histórico máis oportuno”, recalcou o docente da Universidade de Vigo Burghard Baltrusch, presidente da cátedra, salientando como se vén de celebrar o Día de Galicia e como este ano se conmemora o centenario das Irmandades da Fala. Lembrando a relación de Saramago con Galicia, a través da súa obra e en visitas ao longo da súa vida, Baltrusch subliñou como “todos e todas gañamos con esta cátedra”, tanto Saramago como Galicia, España e o mundo lusófono. 

A cátedra, recalcou Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, permitirá “pór en valor a obra e o pensamento deste autor” co obxectivo de “intentar recuperar o humanismo nas persoas” e ante a convicción de que “só ese humanismo nos permitirá ter futuro”. A cátedra nace na Universidade de Vigo, apuntou o reitor, aproveitando o papel de Vigo como punto de encontro e “lugar de maridaxe do mundo lusófono”. Neste senso, Pilar del Río sinalou como se aledaba de que fose “unha universidade nova”, como a Universidade de Vigo, a que puxese en marcha esta cátedra, “xa que son os novos os que son donos do presente e do futuro”.


A iniciativa, destacou pola súa banda Fernando Aguiar-Branco, presidente da Fundação Eng.º António de Almeida, permitirá “perdurar e divulgar a valía cultural e humanística de Saramago”. A cátedra, recalcou Filipa Soares, coordinadora para España do Ensino de Portugués do Instituto Camões, non só dará a coñecer a obra de José Saramago senón que levará a cabo un “traballo extenso” de divulgación e difusión da cultura portuguesa e do pensamento do escritor luso. Lembrando como o pensamento dos escritores é inmortal a través das súas publicacións, Soares subliñou como a obra de Saramago obriga aos lectores a saír da súa comodidade e a pensar permanentemente na súa identidade. 

Primeiras accións
A presentación da cátedra realizouse despois dunha asemblea dos membros da cátedra na que se presentou a composición do seu primeiro comité executivo e o seu plan de acción para o segundo semestre do ano. Deste xeito, o comité executivo estará presidido por Burghard Baltrusch. Camiño Noia será a vicepresidenta e completarán o equipo Carlos Nogueira e Regina Carreira. Segundo explicou o presidente deste órgano, entre as primeiras accións da cátedra estarán a posta en marcha dunha base de datos de literatura crítica sobre a obra de Saramago, que completará e ampliará á realizada pola fundación dedicada ao Premio Nobel. 

Outras das actividades prevista é a realización a principios de outubro dunha presentación da cátedra na Casa da Música, en Porto, coincidindo coa organización dun coloquio sobre Valter Hugo Mãe, gañador do Premio Saramago 2007. “As actuacións non se limitarán á obra do homenaxeado senón tamén á literatura actual”, recalcou Baltrusch. Por último, tendo en conta a data de nacemento de Saramago, o presidente da cátedra subliñou como en novembro se porán en marcha na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo unhas xornadas sobre o escritor luso que terán un carácter anual e nas que se buscará a implicación na organización e nos contidos non só dos docentes do centro senón tamén do alumnado. Como mostra desde desexo de implicar aos universitarios, o acto de presentación da I Cátedra Internacional José Saramago rematou coa lectura a cargo de dúas estudantes do centro de varios textos do escritor homenaxeado. 

Estas serán as primeiras accións dunha cátedra que se constitúe como un espazo para a reflexión, o diálogo e a toma conxunta de acordos, co obxectivo de promover a cooperación científica, lingüística, educativa e cultural ao redor desta figura das letras universais e a través da investigación, da docencia e da divulgación social da súa obra e produción humanística. Entre os obxectivos desta iniciativa estarán o desenvolvemento de proxectos de divulgación social e de transferencia do coñecemento; a organización e a realización de todo tipo de actividades de divulgación e/ou difusión e promoción da figura e da obra de José Saramago, tales como cursos, conferencias, simposios ou seminarios; o apoio a docentes, investigadores e estudantes; o intercambio de publicacións, traballos de investigación e de calquera tipo de materiais académicos que resulten de interese en todo tipo de proxectos culturais e literarios; e a mobilidade de estudantes e de persoal docente e investigador."